galego
94
4
Solución de
problemas
Hai unha serie de incidencias que podes
solucionar ti mesmo.
4.1 O forno non quenta. Comproba se está
conectado ou o fusible non está fundido.
Incrementa a temperatura seleccionada.
4.2 A luz interior non funciona. Cambia a
lámpada ou cambia o fusible.
4.3 Sae fume durante a cocción. Reduce a
temperatura e/ou limpa o forno.
4.4 A limpeza por pirólise non se realiza.
Comproba que a porta está ben pechada.
• Durante a pirólise, as superfi cies quéntanse
máis que durante o uso normal. Mantén
afastados os nenos.
Segundo o grao de sucidade do forno, podes
optar entre dous tipos de pirólise.
Pirólise
: Utilízaa só cando o grao de
sucidade sexa alto; a limpeza realízase en 2
horas. Para activar, xira o mando selector de
funcións á posición (3.4.1).
Nota: Nesta opción, é factible a limpeza por
pirólise, o accesorio de bandexa esmaltada.
Colócaa no nivel 2. Previamente retira o
exceso de graxa acumulado.
Pirólise ECO : Realiza a limpeza en 1
hora 30 minutos. Para activar, xira o mando
selector de funcións á posición (3.4.2).
Nota: Os parámetros de tempo e
temperatura son fi xos e non poden
modifi carse.
Ao comezar o proceso, o forno alcanza
temperaturas moi altas, por seguridade a
porta bloquéase, ilumínase o piloto luminoso
xunto ao símbolo
(3.4.3). Cando a
temperatura baixe, o piloto apágase e podes
abrir a porta.
3.5 Pirólise diferida. Podes programar a hora
á que remata o proceso de pirólise. Xira o
mando selector de funcións e selecciona
ou (3.5.1). Preme (3.5.2) ou
(3.5.3) ata que escintile. Axusta a hora
fi n de pirólise xirando o mando selector de
tempo (3.5.4, 3.5.5).
3.6 Limpeza paredes interiores. Extrae as
guías laterais para limpar os restos de graxa
ou cinza que poidan quedar tras os procesos
de limpeza. Segundo modelos as guías
laterais dispoñen de dous tipos de fi xación,
sen soporte (3.6.1, 3.6.2) ou con soporte,
(3.6.4, 3.6.5). Unha vez extraídas, utiliza un
pano húmido para limpar as paredes laterais
(3.6.3, 3.6.6). Unha vez limpas as paredes
do forno, volve colocar as guías.
Se o teu forno dispón de grella abatible, tira
cara arriba e pulsa para baixalo (3.6.7) e
limpa o teito cun pano húmido (3.6.8).
3.7 Limpeza dos cristais.
Limpeza exterior: Utiliza un trapo suave
empapado con produto limpacristais.
Limpeza interior: Se o interior dos cristais
está sucio, podes desmontalos para a súa
limpeza.
Cando o forno estea frío, abre a porta
completamente (3.7.1), e fíxaa cos topes
vermellos que se subministran na bolsiña
de accesorios (3.7.2). Introduce os dous
accesorios restantes para levantar o cristal
facendo panca (3.7.3). Retira o cristal
(3.7.4), límpao e sécao cun pano (3.7.5).
Se é necesario retira o conxunto de cristais
interiores da porta. Este conxunto pode estar
formado por un ou dous cristais, segundo
o modelo, cun tope negro en cada esquina.
Para extraelos introduce a man pola parte
inferior da porta e tira cara arriba (3.7.6).
Unha vez extraídos retira os topes para
limpar os cristais (3.7.7).
Cando os cristais estean limpos (3.7.8), volve
a encaixalos nos topes de goma, co pitón
cara arriba (3.7.9) e coloca os cristais de
forma que “L” esquerda e “R” dereita queden
ao lado das bisagras (3.7.10). Para terminar
coloca o cristal restante de forma que leas a
palabra PYROLYTIC (3.7.11). Retira os topes
(3.7.12) e pecha a porta.
Advertencias de uso:
• Asegúrate de que o forno está apagado.
• Antes de soltar o cristal, deixa que
arrefeza.
• Nunca utilices máquinas de limpeza a
vapor.
3.8 Limpeza exterior do forno. Usa produtos
neutros. Sécao ben cun pano suave.